Saturday 18 de May de 2024

Inauguración da exposición “Historias para ser vistas, imaxes para ser contadas” no Museo do Gravado de Artes


O Museo do Gravado de Artes alberga unha nova exposición titulada “Historias para ser vistas, imaxes para ser contadas”, desenvolvida en colaboración coa Universidad de Santiago de Compostela.

O acto de inauguración contou coa presenza do presidente da Fundación Museo de Artes, o alcalde de Riveira Manuel Ruiz, e das dúas comisarias da mostra, Rosa Cacheda e Carla Fernández.

A exposición recolle unha selección de gravados alusivos a recoñecidas obras da literatura universal, como A Odisea de Homero, a Biblia Vulgata Latina, As Metamorfosis de Ovidio, A Divina Comedia de Dante, O Quixote de Cervantes, Poeta en Nova York de Lorca ou a Fábula de Polifemo e Galatea de Góngora. Entre os autores das ilustraccións figuran dende John Flaxman ata Eduardo Naranjo ou Laxeiro.

As dúas comisarias ofreceron aos visitantes un percorrido comentado das distintas sección en que se compón a mostra e a continuación interviu Manuel Ruiz para destacar o esforzo que se está a realizar dende o Museo do Gravado para achegar a cultura e a arte ao Barbanza.